Marín somete os seus proxectos de reforma viaria á estratexia “Ciudade Intelixente“

Marín somete os seus proxectos de reforma viaria á estratexia “Ciudade Intelixente“

Setembro 2019

Marín pon en marcha o seu programa “Ciudad Intelixente”, nun plan que se enmarca na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi) Marín 2020 e está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Mediante este plan, o Concello de Marín comprométese a empregar os mecanismos que ofrece a estratexia “Smart Mobility” orientada a conseguir un estacionamento máis eficiente, ofrecer ao cidadán un transporte público con información en tempo real de horarios, e duracións dos traxectos, reducir o nivel de tráfico na cidade e mellorar a conexión do centro urbano cos demais núcleos do municipio. Estes son os obxectivos básicos da estratexia “Smart Mobility” que se propón desenvolver o Concello de Marín.

A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado xa foi aprobado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a súa xestión polo Concello de Marín.

Nesta estratexia está a priorizarse a mobilidade e a eficiencia enerxética, así como mellorar a conectividade nas zonas máis utilizadas na vila, como é a avenida de Ourense. Nesta vía reorganizaranse os espazos públicos para dar cabida xunto co peón a un carril bici, nun espazo de conexión co tramo do paseo xa existente, desde a Praza de España ata o final da avenida de Ourense. Deste xeito inclúense no proxecto tramos de carril bici e tramos de coexistencia entre peóns e ciclistas.

Ademais mellorarase a iluminación, o mobiliario urbano, o pavimento, e a sinalización, cambiando substancialmente un dos mellores paseos que na actualidade utilízanse de forma máis intensa.

Para poñer en marcha estas actuacións, redactouse o proxecto que está a ser sometido a informe e supervisión polos servizos técnicos. O orzamento previsto para esta liña de actuación é de 1.400.000 euros.

Fonte: Faro de Vigo

#MarinDUSI  #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER