19 Dec O Porto autoriza un restaurante no paseo Alcalde Blanco
O Porto autoriza un restaurante no paseo Alcalde Blanco
Decembro 2019
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou onte, na súa última sesión do ano, o outorgamento dunha concesión con destino á construción e explotación dun local para cafetería-restaurante no paseo Alcalde Blanco, solicitada polo Concello de Marín.
Trátase dunha superficie duns 150 metros cadrados onde está previsto un local de restauración no proxecto de urbanización do paseo marítimo, previsto dentro do marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Integrado e Sustentable ( EDUSI) de Marín, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de a UE, dentro do Programa Operativo de Crecemento Sustentable 2014-2020.
Fonte: Faro de Vigo
#MarinDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER