31 May Marín en Rede apela á colaboración veciñal: «Merca, consume e vive local»
Marín en Rede apela á colaboración veciñal: «Merca, consume e vive local»
Maio 2020
Unha campaña promocional do Concello impulsa a reactivación económica
O apoio ao comercio de proximidade e a colaboración de todos os veciños na reactivación conxunta da economía da vila serven de eixo dunha campaña de dinamización comercial impulsada desde o Concello. Búscase a complicidade dos veciños á hora de consumir no municipio e contribuír, desta forma, a minorar o tremendo impacto que tivo no comercio e na hostalería o peche provocado pola alerta sanitaria do coronavirus desde marzo.
Marín, como o resto da provincia, está en fase 2 da desescalada e, aos poucos, os establecementos van abrindo as súas portas e a normalidade vai recuperando terreo na rúa. A campaña enmárcase no programa Marín en Rede e supoñerá a colocación de muppies con frases de alento e apoio ao tecido económico marinense, así como a publicación nas redes sociais do Concello dun vídeo, que apela directamente aos veciños con tres frases finais: « Merca, consome e vive local».
Os lemas que o Concello instalará nos puntos de maior tránsito de viandantes no municipio son claros e precisos. «Ampara a nosa saúde», « apoia a nosa economía», « aperta ou noso turismo», « alenta ao noso comercio» e «apego á nosa vila».
A plataforma dixital Marín en Rede, posta en marcha polo Concello fai algo máis dun mes, conta con máis de cen adhesións de negocios comerciais e locais de hostalería. Cada persoa que accede a esta rede dixital atopará fichas multimedia individuais onde se explica aos potenciais clientes a oferta de produtos, horarios e servizos ao dispor do público.
Marín en Rede é un programa de dinamización comercial impullsado polo Concello a través da Estratexia EDUSI Marín 2020, cofinanciada cos fondos FEDER da Unión Europea.
Fonte: La Voz de Galicia
#MarinDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER