Marín conciénciase da importancia da eficiencia enerxética

Marín conciénciase da importancia da eficiencia enerxética

Marzo 2022

Marín, 31 de marzo do 2022

O Concello organizou unha charla para dar a coñecer o aforro acadado na Avenida de Ourense coa instalación da tecnoloxía LED. Tamén se deron tips para aprender e aforrar enerxía no ámbito doméstico.

O Museo Manuel Torres acolleu este mércores pola tarde unha charla sobre eficiencia enerxética no ámbito público, centrándose na renovación das luminarias da Avenida de Ourense dentro da estratexia Marín Dusi, confinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea; e no ámbito doméstico.

A alcaldesa, María Ramallo, encargouse de abrir o evento, facendo referencia á necesidade de perseguir, como Administración, “o coidado do medio ambiente e a procura de vilas máis sostibles, con máis calidade de vida”.

Ramallo fixo referencia a que “xa antes de acadar os fondos europeos da estratexia Marín Dusi, levamos a cabo actuacións encamiñadas a mellorar a nosa eficiencia enerxética no espazo público e así poder aforrar enerxía e facer un uso máis responsable da mesma”, como por exemplo, algunhas actuacións no alumeado do Vial de Praias ou no rural, “como no núcleo de Malvido, recentemente”.

Nos proxectos de Marín Dusi foi nos que se puido facer unha actuación integral de renovación. No caso da Avenida de Ourense, “renovamos un total de 90 puntos de luz, todos con tecnoloxía LED, o que nos permitiu acadar un aforro enerxético de máis do 26%”. De feito, a alcaldesa lembrou que “só nesta renovación de luminarias investíronse case 265.400 euros”. Tamén renovación de toda a iluminación do Paseo Alcalde Blanco traduciuse nun aforro enerxético de máis do 46% con respecto á instalación anterior.

Máis información: El Diario de Pontevedra

#MarinDUSI  #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER