INDICADORES DE RESULTADO

Os indicadores de resultado son máis amplos que os de produtividade. Están ligados a obxectivos específicos e miden o cambio previsto en relación cos devanditos obxectivos. Vense afectados, ademais de polo gasto realizado, por outros factores externos: socioeconómicos ou medioambientais, entre outros. Deben cuantificar un valor inicial de referencia (que, en xeral, non será cero) e a súa evolución cunha periodicidade, como mínimo, anual.

 

Os datos dos indicadores de resultado deberán proceder dunha fonte estatística fiable e publicada. No caso das DUSI, esta fonte pode ser a propia entidade local. O xestor da DUSI deberá identificar que indicador(es) de resultado se ve impactado pola operación, sen necesidade de cuantificalo.

Proximamente poderán descargarse os indicadores