PLAN DE IMPLEMENTACIÓN

Marín 2020 recolle un conxunto de liñas de actuación orientadas a alcanzar os obxectivos incluídos na estratexia de desenvolvemento urbano sustentable integrado do municipio.

CIDADE INTELIXENTE

IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E DOS MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA

Obxectivos

  • Desenvolvemento dunha axenda dixital para a análise da situación actual e o estado de madurez en Administración electrónica do municipio e o posterior deseño dun programa de actuacións para impulsar a e-Administración.
  • Reforzo dos trámites e os servizos públicos de ámbito municipal baseados en TIC.
  • Impulso da participación cidadá, a transparencia e a resposta á cidadanía con novos formatos e apoio en ferramentas tecnolóxicas.

Resultados esperados

  • Servizo público máis eficiente
  • Contribución á igualdade de oportunidades
  • Contribución á sociedade da información
  • Incremento da transparencia
  • Incremento da participación e a gobernanza cidadá
  • Simplificación de procedementos administrativos
CONVERTER PROGRESIVAMENTE O CONCELLO DE MARÍN NUN TERRITORIO SMART, CENTRADO NA MOBILIDADE SMART

Obxectivos

  • Promover e implantar  ferramentas TIC para alcanzar un maior nivel de eficiencia na mobilidade, tanto intramunicipal como cos municipios próximos.

Resultados esperados

  • Servizos públicos máis eficientes
  • Redución do uso do vehículo particular
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmósfera
  • Contribución á igualdade de oportunidades
  • Contribución á sociedade da información
  • Mellora na xestión do tráfico rodado

CIDADE SUSTENTABLE

MELLORAR A MOBILIDADE E A ACCESIBILIDADE NO CONXUNTO DO CONCELLO A TRAVÉS DA IMPLANTACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE

Obxectivos

  • Desenvolvemento dun plan de mobilidade urbana sustentable (PMUS) para analizar as necesidades e a definición de medidas que favorezan a mobilidade e a accesibilidade no municipio de Marín.
  • Definición dunha rede básica para peóns na avenida de Ourense, coa dotación de infraestruturas e os acondicionamentos que garantan a mobilidade sustentable mediante un carril bici e a súa accesibilidade peonil, e a conectividade a outros percorridos peonalizados.

Resultados esperados

  • Impulso e mellora da mobilidade sustentable
  • Mellora da conexión do centro urbano cos demais núcleos de poboación
  • Mellora da accesibilidade
  • Reordenamento e optimización do tráfico no centro urbano
  • Mellora da participación cidadá
  • Redución da pegada de carbono do Concello e da emisión de GEI do municipio
MELLORAR OS ÍNDICES DE CONSUMO DE ENERXÍA NAS VÍAS E INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS

Obxectivos

  • Actuacións en materia de eficiencia e uso de enerxías limpas: sistema de iluminación, sistemas de regulación do fluxo luminoso e rehabilitación de infraestruturas públicas para garantir un consumo máis eficiente.

Resultados esperados

  • Instalación dun sistema de regulación do fluxo e a intensidade luminosa que atenda as principais vías da cidade
  • Cambio da iluminación de vías e equipamientos coa substitución por outra de consumo máis eficiente
  • Aforro de ata un 10% en iluminación municipal

CIDADE INTEGRADORA

RECUPERACIÓN E MELLORA INTEGRAL DO CONTORNO DOS ESPAZOS PÚBLICOS

Obxectivos

  • Actuacións sobre o Paseo Alcalde Blanco para xerar un espazo público para a cidadanía: zonas máis accesibles, zonas verdes, peonalizacións e parques infantís, que melloren a calidade urbana.
  • Recuperación de espazos públicos urbanos así como mellora do contorno e o medio natural, todo mediante a creación dun espazo público integrado pola avenida de Ourense, a Alameda, a praza de España e o paseo Alcalde Blanco a través da humanización de toda a zona.

Resultados esperados

  • Mellorar o medio urbano na súa dimensión ambiental, paisaxística e urbanística, co conseguinte impacto no bienestar da poboación, a promoción da cohesión social e territorial e a competitividade
  • Mitigar problemas de declive urbano e ambiental
  • Mellorar o estado do solo urbano, recuperándoo para usos públicos amables co medio
DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MARÍN, A TRAVÉS DO COMERCIO, A HOSTALERÍA, O LECER E A CULTURA

Obxectivos

  • Apoio ao desenvolvemento económico de Marín  mediante actuacións específicas en materia de promoción e apoio a iniciativas que xeren actividade económica na zona: comercio, servizos, lecer e cultura. Dinamización de colectivos e asociacións do municipio.

Resultados esperados

  • Mellorar a competitividade do comercio e a hostalería de Marín
  • Mellorar a calidade no servizo ofrecido polo sector comercial e hostaleiro
  • Favorecer o dinamismo do comercio e a hostalería, o espírito emprendedor e o emprego
  • Dinamizar social e culturalmente as zonas máis deprimidas da cidade
CONSTRUCIÓN DUN EQUIPAMENTO SOCIO-CULTURAL

Obxectivos

  • Actividade orientada á mellora dos servizos e as dotacións do municipio de Marín como novo elemento de referencia que permitirá mellorar a imaxe da cidade de forma explícita.
  • Generación de espazos e programas de actividades para o asociacionismo e a revitalización da vida cidadá.

Resultados esperados

  • Equipamiento socio-cultural de referencia en Marín
  • Espazo de reunión, participación e integración da cidadanía
  • Mellora da imaxe da cidade
  • Rexeneración e revitalización dunha zona desfavorecida