30 Xuñ As obras do Auditorio de Marín darán comezo no mes de agosto
As obras do Auditorio de Marín darán comezo no mes de agosto
Xuño 2022
Marín, 30 de xuño de 2022
O Concello de Marín planifica que as obras do auditorio comecen en agosto, tras finalizar as festas do Carme. O espazo elixido para a construción deste novo centro cultural será a zona na que se encontraba a pista de skate, que xa foi retirada para montar as atraccións das festas.
A construtora viguesa Oreco Balgón será a encargada de levar a cabo a execución desta obra, que está financiada polos fondos de Marín Dusi (estratexia cofinanciada nun 80% polo FEDER) e por un préstamo municipal. Prevese que o novo auditorio estea listo no 2025.
#MarinDUSI #UnaManeraDeHacerEuropa #FEDER